Abre el plazo de matrícula en el curso 2026-27 de la Escuela de Música Samoeiro

Abre el plazo de matrícula en el curso 2026-27 de la Escuela de Música Samoeiro

15 Septiembre 2026/concello/Cultura

Abre o prazo de matrícula para o curso 2026-27 da Escola de Música municipal Samoeiro da Pobra do Brollón.

A matrícula pode realizarse do 16 ao 29 de setembro a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal, de luns a venres en horario de mañá (de 10:30 a 13:00 h). A Biblioteca está no segundo andar da Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (Tlf. 982 430 546).

As clases comezarán o xoves 1 de outubro, excepto as clases de baile tradicional e canto con pandeireta, que comezarán o 19 de outubro. 

As materias serán susceptibles de suspensión se non se completa o grupo mínimo.

As clases ofertadas son baile tradicional e canto e pandeireta, impartidas por Iago Domínguez; acordeón con Hadrián Rei; percusión tradicional e gaita, impartidas por Álvaro Candal. Hai a maiores dúas materias dirixidas a nenos e nenas: música e movemento (4-11 anos) con Hadrián Rei e iniciación á música tradicional (percusión e gaita) (8 a 16 anos) con Álvaro Candal. Tamén continúa canto coral con Alfonso Campos.

Todas as clases se desenvolven nas aulas da Escola de Música municipal, excepto baile, que ten lugar no Pavillón municipal e canto coral, que será na Casa da Cultura.

Haberá dúas xornadas de portas abertas da clase de inicación á música tradicional (percusión e gaita), para que os nenos e nenas poidan probar sen compromiso. Serán os xoves 1 e 8 de outubro de 18:00 a 19:00 horas.

Horarios

  • Pandeireta e canto: Luns 20-21:00
  • Baile tradicional: Luns 21-22:00
  • Música e movemento (4 a 11 anos): Mércores 15:45-16:45
  • Acordeón: Mércores 17-18:00
  • Iniciación música tradicional (8 a 16 anos): Xoves 18-19:00
  • Percusión tradicional: Xoves 19-20:00
  • Gaita: Xoves 20-21:00
  • Canto coral: Mércores e sábados 18-20:00

Información sobre o pago

A matrícula nunha materia terá un importe de 110€ para o curso completo. Cada materia adicional terá un importe de 60€.  O pago será anual con posibilidade de fraccionar o pago trimestralmente.



RELACIONADO