Entroido 2025: Compadres e Comadres

Entroido 2025: Compadres e Comadres

04 Febreiro 2025/concello/Cultura

Para celebrar os días de Compadres e Comadres de Entroido, o Concello da Pobra do Brollón organiza un concurso destas figuras, así como uns obradoiros infantís para a súa elaboración.

Os propios días de Compadres e Comadres, os xoves 20 e 27 de febreiro, o Concello convoca un concurso para premiar as mellores figuras, segundo os criterios de orixinalidade, temática, calidade e elaboración.

Haberá dúas categorías de premios: individuais (coas dúas modalidades de maiores e menores de 18 anos) e colectivos. O premio individual é de 50€ e o colectivo de 100€. Ambos contan cun accésit de 20€.

Para participar é preciso anotarse antes do 19 de febreiro (Compadres) ou do día 26 (Comadres) na Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro', ben presencialmente ou no teléfono 982 430 546, en horario de 10:30 a 13:30 h.

Tanto o día de Compadres como de Comadres, a partir das 18:30 horas organízase a queima das figuras. Todos aqueles concursantes na categoría individual que desexen participar deberán concentrarse diante da Casa do Concello ás 18:30 para correr as figuras. A queima realizarase posteriormente na Praza da Peza. Tamén haberá chocolatada para todos os asistentes.

As persoas concursantes na categoría individual que non queiran participar na queima organizada, deberán enviar vía WhatsApp fotos das figuras ao teléfono 650 624 828 para que o xurado poida valoralas. En todo caso, o xurado tratará, na medida do posible, visitar todas as figuras participantes os propios días antes das 15:00h.

Consulta as bases do Concurso de Compadres e Comadres neste enlace.

Obradoiros infantís de Compadres, Comadres e caretas

Dende a Biblioteca municipal, organízanse dous obradoiros de figuras e caretas os venres 14 e 21 de febreiro, en horario de 16:00 a 18:30 h. Están dirixidos á rapazada entre 4 e 14 anos. Para participar é preciso inscribirse na Biblioteca, ben presencialmente ou por teléfono no 982 430 546. As prazas están limitadas a 15 participantes.



RELACIONADO