A partir de setembro, comezarán clases de ioga para adultos para o curso 2024-25.
As clases ofreceranse os martes e xoves de 11:00 a 12:00, na Casa da Cultura 'Olga Novo'. O prezo é de 20€ ao mes.
Para máis información e inscricións, deben contactar coas oficinas de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 13:00h (Casa da Cultura, 1º andar. Tlf. 982430447).