A proposta está aberta a calquera persoa que queira vender algo da súa propia colleita: produtos da horta, conservas, mel, viño, artesanía... Tamén roupa ou obxectos de segunda man.
Ao coincidir coa feira, tamén haberá postos de polbo e os postos de alimentación e roupa habituais da feira da Pobra do Brollón.
A participación no Mercado Circular é gratuíta. O Concello dispón dun número limitado de postos. Unha vez repartidos, os participantes deberán dispor das súas propias mesas ou postos. As persoas interesadas deben contactar no teléfono 650 624 828.