O venres 21 de abril no bar Primeiro de Maio, na Pobra do Brollón, terá lugar o terceiro obradoiro de brindos guímaros.
Será novamente a cargo do colectivo Erre Que Erre, formado por Alba María, Sara Marchena, Nuria Penas e Lorena Medela.
A actividade é aberta a todo o mundo, independentemente de se asistiran ou non a edicións anteriores do obradoiro.
Comezará a partir das 20:15. Para a ocasión, no Primeiro de Maio preparán arepas, unha das especialidades da casa.
