O Concello da Pobra do Brollón colabora co Albergue municipal cunha proposta dunha fin de semana completa para coñecer toda a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística do noso municipio.
Será dende a tarde do sábado 8 ata a tarde do domingo 9 de xuño. O prezo son 65€ por persoa que inclúe todas as actividades, a cea do sábado, o almorzo e xantar do domingo, e durmida no Albergue da Pobra do Brollón.
É preciso reservar praza antes do 2 de xuño. Para máis información e reservas hai que contactar no teléfono 609490941.
O programa é o seguinte:
Sábado 8 de xuño a partir das 17:00
- Recepción de participantes no Albergue da Pobra do Brollón. Traslado a Vilachá de Salvadur en bus.
- Paseo pola Ribeira Sacra guímara atravesando viñedos e con visita guiada ao xacemento de Os Conventos.
- Cata musical con Suso 40 nas adegas medievais de Vilachá (inclúe cata de viños locais e pinchos)
- Cea e volta ao Albergue
Domingo 9 de xuño a partir das 9:00
- Almorzo no Albergue
- Breve charla introdutoria: A Guimaralia e arqueoloxía en comunidade
- Paseo polo Camiño de Inverno con visita guiada ao Casco Histórico da Pobra do Brollón
- Visita ao Castro de San Lourenzo en Cereixa
- Visita ao lugar de memoria histórica da Casa de Repil
- Xantar no Fogón en Cereixa, a primeira parrillada da provincia de Lugo