ACTUALIZACIÓN
A día de 1 de febreiro de 2021, segundo os novos datos que recibimos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, no municipio temos actualmente un total de 9 casos positivos por Covid-19.
Tódalas persoas están en illamento. Hai 9 persoas en corentena por contacto con persoas contaxiadas, aínda que todos deron negativo na proba PCR. Hai 2 contactos pendentes de resultado.
Seguiremos informando a medida que teñamos máis datos relevantes.
Insistimos na importancia de seguir as medidas sanitarias en vigor para evitar novos contaxios. Consúltaas ao completo neste enlace.