A Pobra do Brollón acolle a xornada 'Actividades agro-gandeiras fronte aos incendios na montaña' o vindeiro sábado 2 de decembro.
Daranse a coñecer experiencias de diferentes lugares de Galicia, incluídas dúas locais da man de Alex Villa en Marcón (A Ferreirúa) e Marcos Ferreira de Parada dos Montes.
É preciso inscribirse antes do 28 de novembro por email en sgpf.galicia@gmail.com ou por chamada/WhatsApp nos teléfonos 686620154 / 628713263.
A xornada é organizada pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón, Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Consellería de Medio Rural, USC e Campus Terra.
Consulta o programa completo premendo na imaxe (PDF):