A cita terá lugar a partir das 12.30 no pavillón municipal co obxectivo de celebrar un día de lecer e convivencia de toda a veciñanza do concello. Ás 13.30 actuará a Escola de Música, o xantar comezará ás 14.00 e ás 17.30 sortearanse agasallos entre os presentes. O menú desta festa xuntanza será a base de empanada, polbo, carne ó caldeiro e tarta xeada.
A inscrición debe realizarse antes do 23 de outubro na Biblioteca Municipal, na Casa da Cultura “Olga Novo” de 10:30 a 13:30 horas de luns a venres.
A xuntanza está especialmente destinada aos maiores de 60 anos e seus cónxuxes, pero ábrese a todos os veciños interesados en participar. Para os maiores de 60 anos e as súas parellas o prezo é de 12 euros sempre e cando figuren empadroados no Concello. Para os menores de 15 anos o prezo é 6 euros, no caso de non estar empadroados no concello será de 12 euros. O resto de persoas que desexen acudir teñen un prezo de 18 euros, prezo que tamén corresponde aos maiores de 60 anos non empadroados no concello.
Contarase con servizo de transporte de balde por todo o Concello para as persoas que así o soliciten no momento da inscrición. Os itinerarios serán os seguintes:
As persoas que necesiten servizo de taxi, deberán de solicitalo na Biblioteca Pública no momento da inscrición. Desde o concello faise un chamamento a participar desta xornada de convivencia e lecer.