‘Coidados porta a porta’ é un programa da Consellería de Política Social para ofrecer consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos, para a prevención da dependencia.
Para ofrecer o servizo, instalarase un bus varios días na área recreativa Samugueiros, A Pobra do Brollón, con profesionais de cada especialidade. O bus estará os días 15, 18, 19 e 20 de setembro, en horario de 9:00 a 20:00h.
Quen desexe usar o servizo, debe solicitar cita previa no teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Detalles sobre cada servizo:
Ademais, o luns 18 darase unha charla sobre coidados básicos do oído e prevención da perda auditiva. A charla será ás 19:00 h no salón de actos da Casa da Cultura 'Olga Novo'.
Descarga o tríptico con máis información sobre 'Coidados porta a porta'