Volve o programa 'Coidados porta a porta' do 15 ao 20 de setembro

Volve o programa 'Coidados porta a porta' do 15 ao 20 de setembro

18 Agosto 2023/concello/Xeral

‘Coidados porta a porta’ é un programa da Consellería de Política Social para ofrecer consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos, para a prevención da dependencia.

Para ofrecer o servizo, instalarase un bus varios días na área recreativa Samugueiros, A Pobra do Brollón, con profesionais de cada especialidade. O bus estará os días 15, 18, 19 e 20 de setembro, en horario de 9:00 a 20:00h. 

Quen desexe usar o servizo, debe solicitar cita previa no teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Detalles sobre cada servizo:

  • Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
  • Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
  • Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

Ademais, o luns 18 darase unha charla sobre coidados básicos do oído e prevención da perda auditiva. A charla será ás 19:00 h no salón de actos da Casa da Cultura 'Olga Novo'.

Descarga o tríptico con máis información sobre 'Coidados porta a porta'



RELACIONADO