Continúa o Ciclo Mestre Mateo cunha proxección especial. O último sábado de outubro poderemos ver Malencolía coa gran sorte de contar coa presenza de membros do equipo do filme.
A longa Malencolía, dirixida por Alfonso Zarauza, narra a historia dunha parella (interpretada por Melania Cruz e Xúlio Abonjo ) que decide mudarse de Berlín a unha pequena aldea no rural. Alí coñecerán á súa única e peculiar veciña, Isolina.
A proxección será o sábado 29 ás 20:15 na Casa da Cultura 'Olga Novo'. Tras o filme haberá un debate con membros do equipo.
O Ciclo Mestre Mateo trae á Pobra do Brollón unha película ao mes grazas á Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo e co Concello da Pobra do Brollón.