Compartimos aquí a receita do biscoito de laranxa que preparou Nerea López para Guimaralia Te Ve. Unha receita fácil de realizar con ingredientes sinxelos, para animar estes días de corentena.
Ingredientes:
70 ml aceite de xirasol
200 g azucre
170g fariña
3 ovos
1 sobre de fermento (tipo Royal)
1 laranxa de zume
Método:
- Prender o forno a 180ºC con calor arriba e abaixo
- Cortar a laranxa en anacos e engadir o aceite, o azucre e os ovos. Bater todo.
- Engadir a fariña peneirada, e o fermento. Mesturar coa espátula en movementos circulares.
- Engraxar un molde con aceite e empoar con fariña, ou ben poñer papel de forno
- Verter a masa no molde e deixar no forno 40 minutos con calor só por abaixo. É importante non abrir o forno antes de que rematen os 40 minutos.
Podes descargar a receita aquí (PDF)
Mira o vídeo-receita de Guimaralia Te Ve no noso canle de YouTube