O concello da Pobra do Brollón organiza unha xornada de iniciación ao cultivo de cogomelos. A actividade desenvolverase o día 29 de abril na casa da cultura “Olga Novo” a partires das 9 e media da mañá e terá unha duración de 4 horas. As prazas son limitadas e para participar é necesario inscribirse antes do día 25 nas oficinas do concello e abonar o prezo de 25€ para a inscrición. Carlos Pérez Álvarez, Técnico superior na xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos será o encargado da xornada na que se abordarán os seguintes contidos:
A parte práctica do taller, na que participarán todos os asistentes, consistirá na inoculación de semente do cogomelos “shitake” e “seta ostra”. Farase en troncos de castiñeiro e chopo.
Ó final repartirase entre todos os asistentes unha bolsa de semente de “seta ostra” e unha bolsa de semente de “shitake”.