O Concello da Pobra do Brollón organiza o X Concurso de Tapas da Pobra do Brollón.
Poderán concursar todos os establecementos de hostalería e bares do municipio. Este ano concursan os seguintes establecementos:
O concurso desenvolverase entre o 30 de novembro e o 7 de decembro. Cada establecemento participará cunha única tapa, que puntuará o xurado popular. O prezo de venta ao público da tapa será de 1,50 €, sendo obrigado unha consumición de bebida con cada tapa. Os establecementos inscritos deberán ter exposto ao público o cartel que se lle facilite co nome da tapa coa que participan. O horario mínimo para ofrecer as tapas é de 12:00 h a 14:00 h e de 19:00 h a 22:00 h, neste horario é obrigatorio ter as tapas. Este horario pódese ampliar sempre que o horario esté exposto ao público.
Este ano, valorarase a promoción dos viños da Ribeira Sacra, non é obrigatorio pero terase en conta na decisión do premio. Entregaráselle a cada establecemento un cartel identificativo como participante do concurso, así como a urna de depósito de votos e xunto a ela os cupóns de votacións (repartirán un cupón por persoa que consuma a tapa).
O Xurado popular estará formado por todos os consumidores das tapas do Concurso, mediante as súas votacións. Cada cupón de votación terá que ter todos os recadros selados non podendo repetir selo do establecemento no mesmo cupón. Serán descalificadas as cartolinas que non teñan todos os seus datos ben cubertos e as que non aparezan seladas correctamente. Os gañadores do X Concurso de Tapas da Pobra do Brollón decidiraos o público coa súa puntuación, resultando gañador o establecemento que máis puntos acade, en caso de empate o gañador decidirase mediante sorteo.
Entre os que votaran a tapa gañadora sortearase un agasallo, que consistirá nun circuito termal e unha noite para dúas persoas noHotel Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort **** de Ferreira de Pantón.
Os establecementos terán os seguintes premios:
Primeiro premio: Trofeo e diploma acreditativo
Segundo premio: Trofeo e diploma acreditativo
Terceiro premio: Trofeo e diploma acreditativo
Todos os premiados daranse a coñecer o día 5 de xaneiro de 2019 na Casa da Cultura “Olga Novo” dentro dos actos dos Reis.