O Concello da Pobra do Brollón a través do GDR Ribeira Sacra – Courel acolle estas xornadas destinadas a rapaces/zas de entre 12 e 17 anos.
Os talleres desenvolveranse na casa da cultura "Olga Novo" en horario de 18.30 a 20.00 h. do 8 ao 12 de outubro. Os interesados e participar deben de inscribirse no concello ou chamando ao 647 59 57 47 antes do 7 de outubro.
OBXECTIVOS DAS XORNADAS:
- Que @s moz@s coñezan conceptos básicos das distintas fases do proceso de produción e realización audiovisual.
- Que @s moz@s se acheguen ás potencialidades que ten a imaxe en movemento, nun momento no que o dixital manda e o audiovisual como contido de calidade se convirte nunha peza clave.
- Que @s moz@s se convertan en masa crítica á hora de analizar a multitude de produtos audiovisuais que nos rodean. Que coñezan o traballo que hai detrás do que despois se ve.
- Poñer en valor o territorio. Que @s alumnos coñezan outros modos e outras formas de ver para achegarse aos seus concellos.
- Que vexan o seu concello desde outro punto de vista, como “esceario” dunha grabación para que a xente o coñeza.
- Que queiran mostrar o mellor que ven no seu concello e que fagan partícipes aos adultos.
- Cada concello tería a súa peza audiovisual cux@s autor@s serían @s rapaces/zas