Seguintes paradas en xullo do Punto Limpo móbil

Seguintes paradas en xullo do Punto Limpo móbil

29 Xuño 2020/concello/Xeral

Actualmente o punto limpo móbil atópase xunto ao local social de Pacios de Veiga, onde ficará ata o xoves 2 de xullo. 

As seguintes paradas programadas de xullo son:

  • Veiga (ao lado da fonte) de venres 3 a domingo 5 de xullo
  • Santalla de Rei (na área recreativa) de luns 6 a mércores 8
  • Ferreirúa (no souto) de xoves 9 a domingo 12
  • Ferreiros (xunto ao local social) de luns 13 a mércores 15
  • Saa (na área recreativa) de xoves 16 a domingo 19
  • Castrosante (no lugar) de luns 20 a mércores 22
  • A Pobra do Brollón (na área recreativa Samugueiros) de xoves 23 a martes 28

Todos os veciños reciben de antemán unha carta informativa na que se explica como usar o punto limpo móbil, e onde e cando estará na súa parroquia.

O punto limpo móbil ten por obxectivo facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos como parte do programa ‘Menos residuos, máis vida’ do Concello da Pobra do Brollón. Realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder. 

Consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes, que posteriormente trasládanse ao punto limpo municipal para a súa xestión.

Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes:

- Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.)

- Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos

- Aceite usado de cociña

- Pilas, baterías e acumuladores

- Lámpadas de baixo consumo e fluorescentes

- Envases baleiros de pinturas

- Tóners e cartuchos de impresoras



RELACIONADO