Regresa 'Coñece o teu camiño, paso a paso' no mes de outubro

Regresa 'Coñece o teu camiño, paso a paso' no mes de outubro

04 Outubro 2022/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón retoma 'Coñece o teu Camiño, paso a paso', unha proposta para que veciños e veciñas da Pobra do Brollón poidan completar o Camiño de Inverno.

A iniciativa iniciouse en 2019, dentro do plan O Teu Xacobeo da Xunta, co obxectivo de percorrer o Camiño dende Nocedo ata Santiago en dez etapas. En 2020, a actividade quedou paralizada por mor da pandemia, completadas sete das etapas previstas.  

No presente mes de outubro, o Concello da Pobra do Brollón propón realizar as últimas tres etapas dende Silleda ata Santiago de Compostela. Serán os domingos 16, 23 e 30, con saída ás 8:00 dende A Pobra do Brollón. Tras completar cada etapa, pola tarde inclúese unha visita a algún lugar de interese próximo.

Desta vez, ao non estar a actividade subvencionada pola Xunta, é preciso abonar 10 euros por etapa, que inclúen o desprazamento en bus e a guía. A comida non está incluída; a idea é tipo xantar de campo, levando cada persoa a súa comida e bebida. 

Para participar é obrigatorio anotarse no teléfono 637820233. O prazo de inscrición acaba o mércores antes de cada etapa.



RELACIONADO