Tal e como se constata no estudo dos gromos de Covid-19 producidos en Galicia, o ámbito no que estes se orixinan é predominantemente familiar e social.
Tendo en conta que comeza a época das matanzas de porcino, e que estas poden implicar a agrupación nas casas de persoas que, ademais, a miúdo proceden de distintos ámbitos territoriais, a Consellería de Sanidade elaborou unha serie de recomendacións para minimizar o risco de transmisión da infección polo Covid-19 nestas datas.
O documento completo pódese consultar neste enlace: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/609/Prevencion_infeccion_SARS-CoV-2_matanzas_domiciliarias.pdf
A continuación procedemos a resumir as medidas recomendadas por Sanidade.
Medidas de protección persoal
- Evitarase o contacto físico e cumprirase coa distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros.
- Limitaranse as agrupacións a 6 persoas (ou segundo o que establezan as autoridades sanitarias).
- Emprego de máscara cirúrxica ou hixiénica, tanto en espazos abertos ou pechados, no caso de agrupacións de persoas non conviventes.
- Realizarase unha adecuada hixiene de mans e respiratoria:
- Lavado frecuente e meticuloso de mans con auga e xabón (en ausencia deles ou como complemento, usar solucións hidroalcohólicas).
- Uso de panos desbotables (ou do cóbado) ao tusir ou esbirrar.
Medidas organizativas
Hai que ter en conta as medidas vixentes en canto a reunións sociais e liberdade de circulación (actualmente na Pobra do Brollón pódense reunir ata 6 persoas e pódese circular entre as 6:00 ata as 23:00 horas).
Por outro lado, recoméndase:
- Planificar con tempo as tarefas para garantir o cumprimento das medidas.
- Dispoñer dun termómetro, mellor sen contacto.
- Facilitar o lavado de mans.
- Ventilar frecuentemente os espazos pechados.
- Dispor de papeleiras para tirar panos-
- Non compartir utensilios ou obxectos. Se hai alternancia, limpar e desinfectar entre usos.
- Se hai comidas, evitar compartir obxectos (por ex. porta servilletas, aceiteiras, etc) e asignar tarefas específicas (servir, recoller, etc.)
Medidas de limpeza
- Extremar a limpeza e desinfeccións das superficies de contacto frecuente.
- Dispor nos aseos de dispensador de xabón, papel de secado e papeleira.
Medidas ante un caso sospeitoso
Os síntomas máis comúns compatibles coa COVID-19 inclúen febre, tose e sensación de falta de aire. Nalgúns casos tamén pode haber diminución do olfacto e o gusto, calafríos, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos.
- Se alguén tivese síntimas, illarase do resto das persoas e dos animais nun espazo ventilado e con papeleira de pedal con bolsa.
- A persoa contactará co seu centro de saúde (A Pobra do Brollón: 982 430 351) ou co teléfono 900 400 116. Se a persoa é de fóra de Galicia chamará ao teléfono 881 002 021.
- No caso de percibir que a persoa estea nunha situación de gravidade ou teña dificultade para respirar, avisarase ao 061.
- Por último, haberá que realizar unha boa ventilación, limpeza e desinfección dos espazos e do resto das estancias onde estivera a persoa. A bolsa de lixo deberá ser extraída e colocada nunha segunda bolsa de lixo, con peche, para o seu depósito.