O Concello da Pobra do Brollón conmemora o Día Internacional da Muller con varias actividades programadas para este venres 7 de marzo. Primeiro terá lugar a concentración e lectura do manifesto diante da Casa do Concello ás 12:00 do mediodía. Despois, ás 13 horas, terá lugar o obradoiro 'Conectando coa igualdade', unha actividade dirixida á rapazada do CEIP A Pobra do Brollón.
No obradoiro, a cargo da educadora social Paula Santos, tratarase de proporcionar ferramentas que lles permitan ás nenas e nenos detectar estereotipos de xénero e cuestionar comportamentos machistas normalizados, aprendendo sobre igualdade e desenvolvendo habilidades como a empatía, a comunicación e o respecto.
Para a realización do obradoiro, cóntase con financiamento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.