A obra teatral 'Libre coma os paxaros' representarase este domingo na Casa da Cultura

A obra teatral 'Libre coma os paxaros' representarase este domingo na Casa da Cultura

09 Marzo 2022/concello/Cultura

Este domingo 13, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón, acolle a obra teatral ‘Libre coma os paxaros’. 

A actriz María Barcala interpreta a Rosalía de Castro nunha obra baseada nos textos da poeta e dirixida por Xúlio Lago.

O espectáculo é da consolidada compañía Teatro do Atlántico, en coprodución co Padroado da Cultura do Concello de Narón. A obra chega á Pobra do Brollón grazas á área de cultura da Deputación de Lugo.

O espectáculo será o domingo ás 19:00. O acceso é de balde, previa reserva no teléfono 650 624 828.



RELACIONADO