O día 5 de abril celebrarase o Festival do Brindo

O día 5 de abril celebrarase o Festival do Brindo

27 Marzo 2018/concello/Cultura

Desde a concellaría de cultura do concello da Pobra do Brollón séguense desenvolvendo iniciativas encamiñadas a recuperar a nosa tradición oral na forma dos brindos, moi arraigados nesta zona. Recentemente celebrábase un obradoiro de brindos para @s alumn@s de 5º e 6º de primaria do colexio e a próxima cita será o “Festival do Brindo”, o día 5 de abril ás 19.00 h. na Casa da Cultura “Olga Novo”, contando coa participación de Antonio de Louzarela, un dos últimos brindeiros.

Xa cara o mes de maio celebrarase en Santiago de Compostela un encontro sobre brindos e regueifas no que o Concello da Pobra do Brollón estará representado c@s alumn@s do colexio.



RELACIONADO