No cartel incluímos información relacionada cos horarios, comida e transporte da 29ª edición da Feira do Viño de Vilachá.
Este ano, non haberá autobuses dende A Pobra ou Monforte. En cambio, contactamos cos taxistas da Pobra do Brollón para acordar un servizo continuado de taxis entre a área recreativa de Samugeuiros (en A Pobra) e as adegas de Vilachá, nos seguintes horarios:
- Subida dende Samugueiros: 11:00 –14:00
- Baixada dende Adegas:
- Sábado: 20:00 – 02:00 h
- Domingo: 20:00 – 22:00 h
Os números de teléfono dos taxistas son os seguintes:
- Marisa (4 prazas) 606 521 462
- Tony (6 prazas) 619 383 686
- Iván (7 prazas) 617 212 869
A tarifa tanto de subida como de baixada serán 15 euros.
Para outros destinos ou horarios contactar directamente cos taxistas.