O mércores 7 de decembro, véspera de festivo, teremos a presentación de A Nación dos Mil Viños (Edicións Laiovento), un libro que reivindica a riqueza vitivinícola galega. Durante a presentación ofrecerase un viño de cortesía.
Ao remate haberá unha degustación de distintos viños galegos. Esta segunda actividade ten un prezo de 10 euros. É preciso confirmar asistencia no teléfono 650624828 (preferiblemente por WhatsApp).
O evento comeza ás 20:15 na Casa da Cultura 'Olga Novo', A Pobra do Brollón.