En setembro tamén é verán na Guimaralia!

En setembro tamén é verán na Guimaralia!

01 Setembro 2022/concello/Cultura

O venres 2 de setembro ás 20:30, a banda compostelán Hainas tocará temas de soul, funky, swing e r&b na parrillada O Fogón en Cereixa. 

O seguinte venres 9 de setembro, tamén ás 20:30, estarán na Praza da Peza da Pobra do Brollón o grupo Carta de ajuste. Ofrecerán versións de grandes temas do pop-rock español dos anos 80 e 90, nun show trufado de humor.

O ciclo de concertos ‘Cos Pés na Terraza’ remata o venres 16 na Cantina de Julia co blues de Néstor Pardo

O programa musical de setembro rematará cunha das grandes citas musicais da Pobra do Brollón. O festival As Cores do Outono será o sábado 26 de setembro. Axiña empezarase a revelar o programa de música e moito máis desta oitava edición do festival.

Ademais, ata o 15 de setembro lembramos que continúa o programa municipal de visitas guiadas aos xacementos de Penas do Castelo e Castro de San Lourenzo; Os Conventos e Adegas de Vilachá; e a Cova das Choias.

Toda a información das visitas guiadas neste enlace. 



RELACIONADO