Segundo os datos recibidos hoxe do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, hai actualmente 10 casos activos por Covid-19, dos cales unha das persoas vive noutro municipio.
Son tres casos máis dende os últimos datos publicados o venres 26. É moi importante seguir as medidas sanitarias en vigor para evitar novos contaxios, ademais de tomar todas as precaucións:
- Lembra que non poden reunirse máis de 4 persoas non conviventes.
- No caso de entrar en contacto con persoas non conviventes, mantén a distancia de 1,5 metros, usa a máscara e desinfecta as mans frecuentemente. Ventila espazos pechados adecuadamente.
- Se estiveches en contacto con alguén con síntomas de Covid-19, queda na casa
- Se tes síntomas, chama ao ao 900 400 116 ou ao centro de saúde (tlf do centro de saúde da Pobra do Brollón: 982 430 351)