"As Cores do Outono” consolídase como Festival de Música Tradicional Galega nunha fin de semana chea de propostas na Pobra do Brollón

Presentación As Cores do Outono en Samugueiros

"As Cores do Outono” consolídase como Festival de Música Tradicional Galega nunha fin de semana chea de propostas na Pobra do Brollón

21 Setembro 2018/concello/Xeral

sábado 22 de setembro a partir das 16.00 h. celébrase a V edición do Festival “As Cores do Outono”. A cita ten como obxectivo principal poñer en valor a música tradicional galega e para isto contarase con dous escenarios, a casa da cultura “Olga Novo” e o escenario natural da área recreativa de Samugueiros.

Precisamente a área de Samugueiros foi o lugar escollido polo equipo de goberno para a presentación do acto. No que interviron, ademais do alcalde, Xosé Lois Maceda e concelleiros do equipo de goberno, os deputados do BNG, Antón Veiga e Xosé Ferreiro.

O programa do Festival comezará ás 16.00 h. cun Faladoiro na casa da cultura con Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre. A partir das 19.30 h. haberá actuación do circo clown, “Circo Chosco”. Os concertos comezarán ás 21.00 h. na área recreativa Samugueiros. Estarán presentados polo humorista, poeta e dramaturgo Lois Pérez e actuarán Searas, Os Carapaus Luar na Lubre.

Segundo o alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda, a cita coas Cores do Outono está xa consolidada no sur da provincia como Festival de referencia para afondar nas diferentes vertentes da nosa cultura, “plantéxase como unha cita multidisciplinar na que a música tradicional galega é a protagonista, acompañada do teatro ou o cine.”

deputado nacionalista, Antón Veiga, valorou o Festival como unha cita fundamental para afondar nas raíces culturais e loubou a calidade da axenda do Festival. En termos similares se pronunciou Xosé Ferreiro, para quen celebrar o Festival na área de Samugueiros é un atractivo engadido, polo que suporá de simbiose de música e natureza.

Desde o concello convídade a veciños e visitantes a gozar coas propostas do Festival. Lembrou o alcalde que ao día seguinte do Festival, o 23 de setembro, se celebra no concello un roteiro de Historia de Galicia “Polas terras irredentas de Lemos, a última gran batalla dos guerrilleiros en Galicia”. Con esta actividade A Pobra  do Brollón convértese no plan perfecto para gozar da vindeira fin de semana: música, cultura, natureza e historia.



RELACIONADO