Consulta as bases do concurso neste enlace.
O Concello da Pobra do Brollón convoca o 1º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá. O obxectivo é seleccionar o cartel oficial que anuncie a edición XXXII da Feira, que se celebrará a primeira fin de semana de maio.
O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo o cartel unha peza moi visible en todas as accións de comunicación da Feira do Viño, ademais de empregarse para as etiquetas das botellas de viño que se vendan no evento.
Valorarase que os deseños reflicten o espírito da Feira do Viño de Vilachá, que se celebra no icónico conxunto de adegas medievais da Abelaira. A feira caracterízase pola participación de adegas e colleiteiros con viñas na ribeira de Vilachá, e coa gran presenza musical grazas á animación ao longo da fin de semana de grupos de cantos de taberna.
O prazo para presentar os deseños remata ás 14:00 horas do día 3 de marzo, debéndose entregar tanto impreso como en formato dixital. Establécese un único premio de 200 euros.