No mes de novembro desenvolveranse no concello da Pobra do Brollón duas interesantes citas teatrais. Para facilitar a asistencia de todos haberá servizo de ludoteca para os máis cativos durante o espectáculo.
A primeira cita será o 10 de novembro ás 20.00 na casa da cultura “Olga Novo”. Avelaíña Teatro porá en escea A Lola. Ao seguinte sábado, o día 17, a cita será co colectivo cultural Ollomao. A partir das 19.30 presentarán Enciclopedia Álvarez, dirixida por Ramón Casas Oroza.
Desde o concello anímase á veciñanza a participar destas propostas que teñen entrada libre e de balde.