Este domingo día 28 celébrase a II andaina outoniza que organiza o Concello da Pobra do Brollón. Despois dunha primeira experiencia exitosa coa participación de medio cento de persoas preparámonos para a seguinte cita: Camiñando da man de … Olga Novo para facer a Ruta poética por Vilarmao.
A saída será ás 10.00 da mañá de diante da Casa do Pescado, a casa de Olga. Farase un percorrido circular de dificultade baixa para rematar ás 12.00 novamente na Casa do Pescado cun taquete. A actividade ten un prezo de 5 euros e con ela, os participantes coñecerán a historia do pobo, das casas e das xentes que inspiran a poesía de Olga Novo. Para participar é necesario inscribirse no teléfono 666 435 832.
Participa e vaite preparando para a seguinte proposta porque ao seguinte domingo celebramos una nova cita coas andainas outonizas. E os sábados xa sabes que temos en marcha as visitas outonizas.