Este xoves 5 de xaneiro os Reis Magos, acompañados polos gaiteiros da Escola municipal de Música Samoeiro, percorrerán as rúas da Pobra do Brollón. Sairán ás 16:30 do Centro de Día.
A cabalgata rematará na Casa da Cultura 'Olga Novo', coa entrega dos premios do Concurso de Tapas, e dos Certames de Poesía e de Postais de Nadal. Tamén haberá chocalatada.