O actor Avelino González trae á Pobra do Brollón o seu espectáculo ‘Contar de contrabando’ este domingo 29 ás 19:00 no Local Multiusos de Salcedo.
A actividade enmárcase no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21 da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e conta coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón e da Asociación Veciñal de Salcedo.
No espectáculo o público deleitarase con contos “que veñen da tradición, algúns tan modernos que non parecen tradicionais”, explica o actor. Serán contos de todas partes, “pero con acento en Salcedo” e que reivindican “os pequenos sucedidos e anécdotas locais que teñen moita máis transcendencia do que poida parecer”.
O evento desenvolverase con tódalas medidas de seguridade e hixiene. A entrada será de balde pero o aforo é limitado, polo que é necesario reservar. As reservas fanse por WhatsApp no teléfono 650 624 828, indicando nome e apelidos e DNI.