Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar na adxudicación de tres vivendas sociais

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar na adxudicación de tres vivendas sociais

24 Febreiro 2025/concello/Xeral

Está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de adxudicación das tres vivendas sociais de titularidade municipal que quedaron dispoñibles na anterior convocatoria de 2024. As vivendas están situadas no edificio das antigas vivendas dos Mestres, ao carón do colexio da Pobra do Brollón, e están dispoñibles en réxime de aluguer.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes ata o 16 de marzo de 2025 no departamento de Servizos Sociais (Casa da Cultura ‘Olga Novo’-1º andar) de luns a venres en horario de 09:00 a 11:00 horas.

Os requisitos para acceder a ditas vivendas, son os que se relacionan a continuación:

  • Ter uns ingresos inferiores 2,5 veces o IPREM de acordo co rateo establecido no punto 3.3.
  • Non ter a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia unha vivenda en propiedade, a menos que non dispoña do seu uso e goce, nin do usufruto doutra vivenda en todo o territorio nacional, ou se trate dunha vivenda inadecuada ou insuficiente.
  • Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e resto de ingresos procedentes da Tesourería Municipal.
  • Estar empadroado no Concello da Pobra do Brollón durante un período non inferior a 3 anos previos á data da publicación do presente prego. No caso de quedaren vivendas desertas, poderán acceder persoas non empadroadas no Concello.
  • Acreditar mediante o certificado expedido polo Ministerio de Xustiza a carencia de delitos de natureza sexual (Requisito que se considera esencial debido á integración das vivendas dos Mestres no complexo educativo anexo).

Para máis información poden consultar a publicación no BOP e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello da Pobra do Brollón.



RELACIONADO