Xornada informativa sobre servizos financeiros e bancarios

Xornada informativa sobre servizos financeiros e bancarios

13 Outubro 2022/concello/Xeral

Como persoas consumidoras de produtos bancarios enfrontámonos a diario a conceptos e situacións complexas. 

Unha educación financeira accesible reduce os riscos de exclusión e alenta ás consumidoras e consumidores a planificar, contribuíndo tamén desta maneira a dar a coñecer a conta de pago básica e a evitar o sobreendebedamento.

Para informarte e asesorarte en materia bancaria e financeira podes asistir á xornada que ofrecerá na Pobra do Brollón o Instituto Galego do Consumo.

A charla informativa será o venres 21 de outubro ás 11:00 na Casa da Cultura 'Olga Novo'.



RELACIONADO