Ata o 20 de marzo está aberto o prazo de presentación de ofertas para a adxudicación do servizo de xestión do quiosco da área recreativa ‘Sanugueiros’ para o período 2024-2026.
O período de apertura do quiosco será dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro, entre as 15:00 e as 21:00 (como mínimo), podendo establecer un día de descanso semanal.
As ofertas débense presentar no Rexistro do Concello da Pobra do Brollón. A presentación de proposicións presume a aceptación das cláusulas contidas no prego, publicado no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica.