Xornada informativa sobre a situación actual dos castiñeiros

castiñeiros

Xornada informativa sobre a situación actual dos castiñeiros

17 Febreiro 2020/concello/Xeral

O martes 3 de marzo a Casa da Cultura da Pobra do Brollón acollerá unha xornada informativa sobre a situación actual dos castiñeiros, impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense).

Trataranse, entre outros asuntos, as pragas e enfermidades que afectan aos castiñeiros, como o chancro e a avespa. Esta actividade gratuíta está aberta a calquera persoa interesada. Desenvolverase de 10:00 a 14:00 horas.

Realízase en colaboración co Concello de Riós e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.



RELACIONADO