O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha un programa para axudar a salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. O programa é totalmente gratuíto e está aberto a tódolos nenos e nenas que asistan ao CEIP A Pobra do Brollón.
O programa, totalmente gratuíto, consiste en acompañar aos pequenos no horario previo á apertura do colexio da Pobra. Profesionais especializados de servizos sociais ofrecen actividades lúdicas e educativas, que se adaptan ás necesidades dos nenos.
O horario, tamén flexible, é de 8:00 ata que abre o colexio ás 9:30 da mañá. Dende servizos sociais recalcan que as familias poden unirse de xeito puntual ou en días soltos, non necesariamente teñen que usar o servizo de luns a venres.
As familias interesadas aínda poden sumarse ao programa. Para facelo ou para pedir máis información, poden contactar con servizos sociais nas súas oficinas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, no teléfono 982430447 ou no correo electrónico educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal.