Aprende a identificar, apañar e preparar cogomelos con Carlos Pérez

Xornada micolóxica A Pobra do Brollón

Aprende a identificar, apañar e preparar cogomelos con Carlos Pérez

12 Novembro 2019/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón en colaboración coa asociación O Colado do Vento organiza este domingo 17 un curso para aprender a identificar, recoller e preparar cogomelos.

A xornada comezará ás 10:00 cunha charla teórica a cargo do experto Carlos Pérez (de Terras de María Castaña). Despois, el acompañará aos asistentes para a saída de campo na busca de cogomelos. A saída será a partir das 12:00 e inclúe un descanso para o xantar (os participantes deben traer a súa propia comida).

Ao final da xornada, a partir das 19:00, os cogomelos recollidos identificaranse e prepararanse para a cea que desfrutarán todos os asistentes.

O prezo de participación na xornada son 15€ (de balde para pequenos acompañados). As prazas son limitadas. Para inscribirse hai que contactar por whatsapp (preferiblemente) no teléfono 650 624 828.

Os participantes deben contar con vehículo propio para os desprazamentos, traer roupa cómoda, chuvasqueiro e cesta. 



RELACIONADO