Este verán na Pobra do Brollón, co ciclo 'Cos pés na terraza', os mércores van ser moi musicais. A actuación do artista polifacético Xurxo Souto é a primeira do ciclo de concertos. Será o mércores 31 de xullo ás 21:00 horas na terraza do restaurante O Fogón, en Cereixa.
O músico e escritor da Coruña ofrecerá un espectáculo que mestura música e cancións con historias de mariñeiros galegos que foi recollendo ao longo da súa traxectoria artística de varias décadas.
A actuación do que foi líder de Os Diplomáticos de Monte-Alto é o primeiro dos cinco concertos do ciclo. En agosto continúa con O Leo i Arremecághona (mércores 7 en Bar O Pirata), Xosé Constenla (mércores 14 en Bar Avenida) e Pardo (mércores 21 no 1º de Maio).
'Cos pés na terraza' rematará o mércores 28 en Salcedo co artista local e compoñente de Los Árboles, Ale González. Este último concerto será na Cantina de Julia e despois o músico pinchará na Salanova. Todos os concertos comezan ás 21:00.
O ciclo enmárcase nunha ampla oferta cultural este verán na Pobra do Brollón. O calendario completo pódese consultar aquí: http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl/nova/verán-cultural-para-todos-os-públicos-na-pobra-do-brollón