Este sábado, 15 de xuño, celebrouse no Salón de Plenos da Casa Consitorial da Pobra do Brollón a Sesión Constitutiva da Corporación Municipal.
Trala constitución da mesa de idade os concelleiros votaron ou prometeron seus cargos: Fernando Parada Vila do PP; Tamara Rodríguez do PSOE; José Luis Maceda Vilariño; Manuel González Moreira; Ricardo Rodicio González; Josefa Rodríguez Rodríguez; Mónica Rodríguez Vázquez e Óscar Rivera López do BNG e Javier Quiroga Castro do PSOE. Posteriormente elexiuse ao alcalde con votación a man alzada, obtendo 6 votos o candidado do BNG e alcalde do Concello da Pobra do Brollón nos útimos 3 mandatos, Xosé Lois Maceda Vilariño, que despois de prometer o cargo como alcalde, recibiu o bastón de mando do Concello.
O reelixido alcalde agradeceu a presenza dos veciños nesta sesión e destacou que como dixera seu compañeiro Ricardo antes de entrar á sesión, o poder emana do pobo e non dun bastón de mando, pero neste caso o alcalde quixo homenaxear ao veciño do Pino que o fixo e que xa faleceu. Xosé Lois Maceda comezou depois agradecendo a confianza depositada polos veciños, “A confianza dos veciños revalídase e aumenta co paso do tempo o que nos fai entender que o proxecto iniciado fai castro anos é o correcto e que estamos no rumbo axeitado. Creo que nestes 12 anos coñecémonos todos. Este goberno caracterizouse pola cercanía aos cidadáns, a ilusión que puxemos e a unidade e o esforzó por afacer unha Pobra máis agradable.
Priorizamos a política social, neste último mandado adicamos máis do 30% a política social e creamos 20 postos de traballo no sector da política social, un sector que consideramos estratéxico na opción de goberno. Apostamos tamén nos últimos anos pola promoción da nosa cultura e do noso patrimonio, porque formamos parte do Camiño de Inverno, estamos no horizonte do Xacobeo 2021, estamos tamén pedentes da declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade e somos porta de entrada ao Courel. Non podemos desperdiciar esta oportunidade que temos para desenvolver turísticamente o noso concello.
Non nos esquecemos estes anos do sector agrogandeiro, vitícola e forestal, mellorando infraestruturas. Por exemplo no sector gandeiro baixamos o IBI, no sector vitícola estamos en Vilachá co proxecto Adegas da Memoria. Estes catro anos van a ser decisivos para o Concello da Pobra do Brollón, poderemos falar dun antes e un despois.
Temos que concretar o proxecto da residencia, temos que concretar que o cuartel da Garda Civil se acabe convertendo nun albergue; e para as vivendas dos mestres presentamos o proxecto de crear 6 vivendas de carácter social. Imos actuar no edificio do colexio, na parte que lle corresponde ao concello. Imos arranxar a rúa da Peza, temos a ruta de sendeirismo dos Catro Cabaleiros. Temos proxectos que de xeito inmediato imos a poñer en marcha e seguir potenciando o turismo como factor de desenvolvemento económico para a Pobra do Brollón.
Estes 4 anos serán apaixoantes e o noso compromiso é facer realidade os nosos proxectos. Para iso esperamos contar coa colaboración da oposición, para mellorar a calidade de vida no Concello. Contamos tamén co apoio dos veciños porque sin eles non sería posible desenvolver estes proxectos.
Para min é unha honra ser alcalde do Concello onde vivo e onde teño a familia, onde traballei, teño amigos,… O mellor que lle pode pasar a un político é sentir o respaldo da xente e eu despois destas eleccións si o sentín. Síntome cunha carga de responsabilidade moitísimo maior porque temos máis apoio e tamén máis medo e respecto para non fallarlle á xente que depositou a súa confianza en nós.
Na nosa intención está facelo o mellor posible pola Pobra e por todos os veciños e veciñas. Non queremos caer na autocomplacencia, pero hai que seguir traballando coas mesmas ganas de sempre, con humildade e coa mesma dedicación e empeño para concretar os proxectos. As portas da miña oficina seguirán abertas a todos. Agardo que a travesía de todos nós cos membros da oposición, sexa fructífera para o Concello. Esperamos o voso apoio e tamén atenderemos as vosas propostas. Fagamos por converter A Pobra do Brollón nun exemplo de calidade de vida. Espero non defraudarvos.”
A voceira do PSOE, Tamara Rodríguez, destacou “Seguiremos coa nosa ocupación de servizo público. Faremos unha oposición seria, apoiando os proxectos que consideremos positivos para todos e estaremos pendentes de que todos os proxectos se fagan de maneira transparente, atendendo a todos os veciños por igual; e seguiremos pedindo respostas ante as dúbidas que nos trasladen os veciños.”
Desdeo PP, o voceiro, Fernando Parada sinalou: “Seguiremos taballando como ata o dagora; criticando o que haxa que criticar e apoiando o que haxa que apoiar como xa temos feito con este goberno cando non tiña maioría absoluta, cando houbo momentos que apoiamos ao BNG, e non temos problema en volver a facelo se os proxectos nos parecen interesantes para A Pobra do Brollón”.