Aberto ata o xoves o prazo para anotarse a ximnasia

Aberto ata o xoves o prazo para anotarse a ximnasia

05 Setembro 2022/concello/Xeral

Está aberto o prazo para anotarse ás clases de ximnasia do curso 2022-23. Ampliouse o prazo de inscrición ata este xoves 8 de setembro, debido a que aínda quedan algunhas prazas libres.

As clases son a cargo dun entrenador cualificado e diríxense a adultos de tódalas idades. Haberá varios grupos con diferentes niveis.

Ofértanse dúas clases á semana por grupo. Comezarán en outubro e o pago realízase trimestralmente (30€ por trimestre).

Para máis información e inscricións, hai que contactar a través de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón, martes, mércores ou xoves de 9:30 a 13:30. Pódese contactar no teléfono 982 430 447, no email educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal ou presencialmente nas oficinas na Casa da Cultura 'Olga Novo', primeiro andar.



RELACIONADO