Roteiro con Historia na Pobra do Brollón

Castro San Lorenzo

Roteiro con Historia na Pobra do Brollón

13 Setembro 2018/concello/Xeral

Historia de Galicia organiza andainas guiadas con diferentes temáticas en distintos territorios da provincia de Lugo, co  obxectivo de concienciar do patrimonio, a cultura e a historia. Unha desas rutas ten como protagonista o municipio da Pobra do Brollón. A proposta leva por título "Polas terras irredentas de Lemos, a última gran batalla dos guerrilleiros en Galicia". A ruta comezará no lugar de Repil para rematar no Castro de San Lourenzo.

Este roteiro desenvolverase o 23 de setembro coa seguintes características:

  • Dificultade: Baixa
  • Duración: 5 h
  • Lonxitude: 9 km
  • Guías: Xurxo Ayán, Arqueólogo e investigador do CSIC e Xosé Gago, coordinador do proxecto turístico do Castro de San Lourenzo.

Os participantes deben inscribirse na páxina web do proxecto, onde teñen todos os detalles desta actividade. A organización, Historia de Galicia, dotará a todos eles dun seguro obrigatorio en caso de accidente. Os participantes terán que pagar cinco euros en concepto de reserva dos que catro euros serán devoltos unha vez participen na andaina. 

A noite do 22 celebramos na Pobra do Brollón o Festival As cores do outono, por se alguén está interesado en quedar a durmir o día antes na zona.



RELACIONADO