O Concello da Pobra do Brollón organiza cara a esta época estival viaxes á praia para tod@s @s seus veciñ@s.
As datas elixidas son os días 15 e 29 de Xullo e 5 e 19 de Agosto. As viaxes serán a Samil, Miño e Viveiro, para repetir o día 19 de novo a Samil.
A reserva de prazas farase persoalmente na Biblioteca Municipal en horario de 11:00h a 13:00h. O prazo para inscribirse remata o día 13 de Xullo ás 12:30h.
As prazas son limitadas e a cuota de inscrición é de 10€.
As saídas faranse desde o Cuartel da Garda Civil
Aconséllase levar roupa cómoda.
As comidas son por conta d@ viaxeir@.