Reunión informativa sobre compostaxe comunitaria

Reunión informativa sobre compostaxe comunitaria

09 Marzo 2018/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón vai por en funcionamento un Sistema de Compostaxe Comunitaria na capitalidade municipal baixo o lema “Menos Residuos, Máis Vida”. Este Sistema de Compostaxe Comunitaria vai ser pioneiro na provincia de Lugo, se ben noutros Concellos de Galicia xa está a funcionar de maneira moi satisfactoria.

A compostaxe é a maneira de converter os restos de comida e vexetais en fertilizante natural, o lixo diario que se xera nos fogares contén un 53% de materia orgánica que pode ser transformada e retornada á terra en forma de humus para plantas e cultivos.

Para o bo funcionamento do Sistema de Compostaxe Comunitaria é imprescindible a colaboración de tod@s @s veciñ@s da capitalidade da Pobra, polo que estades convocad@s a unha Reunión Informativa na Casa da Cultura o Sábado 17 de Marzo ás 12:00 horas. Na xuntanza explicarase o correcto uso dos compostadores, aclararanse dúbidas e farase entrega dun balde e un Manual da Compostaxe. Contamos con vos!



RELACIONADO