Xúntase na Pobra do Brollón un grupo de autoaxuda para o duelo dunha perda por suicidio

Xúntase na Pobra do Brollón un grupo de autoaxuda para o duelo dunha perda por suicidio

24 Xaneiro 2025/concello/Xeral

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, FEAFES, organiza na Pobra do Brollón un grupo de autoaxuda con carácter terapéutico para familiares e/ou achegados e achegadas de persoas que faleceron por suicidio.

O grupo xuntarase o xoves 30 de xaneiro de 2025 a partir das 10:30. Está aberto a familias e persoas de toda a Comarca de Lemos.

Para asistir, é imprescindible inscrición previa no teléfono 629 068 048 ou na oficina de Servizos Sociais municipais (982 430 447).



RELACIONADO