A Casa do Concello da Pobra do Brollón dotouse dun ascensor de baixa velocidade adaptado para persoas con mobilidade reducida. Trátase dunha obra vital para permitir a accesibilidade universal da casa consistorial de acordo coa lei 10/2014.
Ata agora a atención a persoas con limitacións de mobilidade realizábase na planta baixa do Concello ao non dispoñer dos medios necesarios para acceder ás oficinas municipais que están na planta alta.
A obra tivo un custo total de 49.870,04€, dos cales un 30% procederon de fondos propios do Concello e un 70% subvencionado pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.