A Pobra do Brollón é un dos 25 concellos incluídos na área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra, a través da cal a Xunta de Galicia busca mellorar as vivendas en estado de abandono ou sen un mantemento adecuado, así como as instalacións públicas, vías de comunicación e dos espazos de relacións.
A nivel de vivenda, a Xunta ofrece a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo unha liña de axudas que poden alcanzar os 25.000 € por vivenda. Poden solicitar as subvencións persoas físicas propietarias, e tamén comunidades e agrupacións de persoas propietarias.
As axudas poden destinarse ás seguintes actuacións:
• A rehabilitación e renovación en edificios e vivendas para a mellora funcional, a conservación e o mantemento con fin de adecualas aos estándares previstos pola normativa vixente.
• A mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade.
• A mellora das condicións de seguridade de utilización e da accesibilidade.
• O aumento da ocupación dos edificios e vivendas e a mellora da calidade de vida dos seus habitantes.
O primeiro paso que debe dar quen desexe solicitar unha subvención na ARI da Ribeira Sacra é tramitar ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) a cualificación provisional da rehabilitación que vai realizar. É imprescindible facer a solicitude antes do remate das obras.
Ademais, as actuacións de rehabilitación e renovación realizaranse de conformidade aos criterios da Guía de Cor e Materiais elaborada pola Xunta de Galicia.
Máis información: