Celebrado este mediodía o pleno de investidura da corporación municipal

Celebrado este mediodía o pleno de investidura da corporación municipal

17 Xuño 2023/concello/Xeral

Hoxe ao mediodía celebrouse na Casa do Concello o pleno de investidura no que Xosé Lois Maceda Vilariño recibiu o bastón de mando da alcaldía da Pobra do Brollón.

Tamén tomaron posesión os concelleiros do BNG Manuel González Moreira, Ricardo Rodicio González, a concelleira Josefa Rodríguez Rodríguez e Óscar Rivera López.

Os concelleiros da oposición son Teddy López Pedredo e Roberto José Andrade Míguez (PP), e Adolfo Rubio Pascual e Javier Quiroga Castro (PSOE).

Porén, esta investidura non reflicte na súa totalidade a vontade popular, segundo os votos que figuran nas actas de escrutinio das eleccións municipais do pasado 28 de maio, que resultan en 6 edís para o BNG (691 votos), 2 para o PP (281 votos) e 1 para o PSOE (139 votos).

Actualmente está presentado un contencioso electoral no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e vanse esgotar todas as vías legais posibles para tratar de corrixir esta situación.



RELACIONADO