Comeza un curso de teatro para a mocidade a partir do 3 de abril

Comeza un curso de teatro para a mocidade a partir do 3 de abril

28 Marzo 2023/concello/Xeral

O luns 3 de abril comeza na Pobra do Brollón un curso de teatro para a mocidade de entre 3 e 17 anos. De carácter gratuíto, o obxectivo do curso é aproximar as e os participantes ao mundo do teatro a partir do xogo dramático. 

As clases impartiranse ao longo do ano na Casa da Cultura 'Olga Novo'. Serán os luns e mércores en horario de tarde (o horario será flexible en función das necesidades).

  • De 17:00 a 18:00. Grupo de 3 a 6 anos.
  •  De 18:00 a 19:00. De 6 a 12 anos.
  •  De 19:00 a 20:30. De 12 a 17 anos.

No curso, que será impartido por Merche Pérez, traballarase co corpo, a voz, a expresión, a danza, o ritmo, a psicomotricidade, a improvisación, o texto, as sensacións, a relaxación, as relacións grupais... 

Tamén hai previstas colaboracións co Centro de Día e asociacións veciñais do municipio, así como a participación de docentes e artistas convidados.

As persoas interesadas poden informarse e inscribirse na Biblioteca Municipal no teléfono 982 430 546.

Este curso é posible grazas á área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.



RELACIONADO