Este venres 13 de 10:00 a 11.30 horas na Casa de Cultura 'Olga Novo', terá lugar unha sesión formativa con Naturgy sobre eficiencia enerxética.
Trataranse os seguintes asuntos:
- Comprensión da factura da luz e gas, así como a súa optimización segundo as necesidades de cada familia.
- Pequenos cambios nas vivendas para obter un aforro enerxético (no caso da luz, reducir a potencia contratada).
- Pautas de comportamento para aforrar no consumo do fogar.
- Bono social e outras axudas.